jueves, 14 de marzo de 2013

O club de lectura

Estés días pones en marcha o club de lectura "O mundo de Maxín" . O club será coordinado pola profesora Antonia Lagares Presa. O libro elegido para comenzar é "O Neno Can".

O neno can
Casalderrey, Fina
Castro, Francisco
Ven coñecer as historias de Aakesh, Nadim, Altair, Leila, Carlos...
Un libro a favor de UNICEF

O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día. Así, cóntannos historias deses cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo; a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda nin deixaron as bonecas; a discriminación de quen é diferente por calquera motivo e así carne de canón social.

A artista Patricia Castelao puxo o punto plástico perfecto para que poidamos gozar dun libro que, ademais de apostar pola xustiza e a liberdade, nos agasalla cunhas historias cheas de vida, a pesar da crueza das realidades que conta, e que van engancharnos dende a primeira liña.




No hay comentarios:

Publicar un comentario