sábado, 22 de octubre de 2011

Formación de Usuarios

Alicia na sesión de formación 
Na nosa biblioteca xuntámonos tódolos colaboradores para realizar unha sesión de formación na que reflexionamos sobre os distintos tipos de materiais  que podemos atopar nela, a diferenciar os distintos tipos de libros ollando o seu contido, a clasificalos dependendo a que idade vaian dirixidos, a saber se o material está dispoñible ou en préstamo....
Acordamos facer equipos para axudar no mantemento e facer un calendario de turnos... Pero tamén acordamos crear un blog, para comunicarnos contar cousas, opinar e recomendar  os libros que lemos...

Os colaboradores e as mochilas
Neste día tamén comenzaron a súa viaxe por tódolos fogares da nosa comunidade "As mochilas viaxeiras". Desexamoslles unha boa viaxe, que  vos faga compartir entorno a lectura en familia momentos inesquencibles, e que volte a nos cos seus cadernos cheiños das vosas aportacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario